O Concello de Redondela acaba de poñer en marcha un pioneiro proxecto sociosanitario dirixido a aquelas persoas con problemas de drogodependencias. Este proxecto desenvolverase na parroquia de Chapela, onde precisamente naceu a idea da man da Unidade de Servizos Sociais e da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga, Alborada.
Terá unha duración de case dous meses, onde se traballará en sesión grupais, os mércores ás 11 horas no Multiusos de Chapela, e a través de visitas individuais aos domicilios dos afectados.
Trátase dun proxecto comunitario co que se pretende desenvolver a autonomía persoal, mellorar as relación sociais e promover hábitos saludables nos participantes.
As traballadoras sociais implicadas neste proxecto traballarán cos participantes desde unha óptima persoal e personalizada, posto que destacan a necesidade de individualizar cada caso ante unha problemática que adoita vir acompañada de recaídas.
Con esta iniciativa, o Concello quere apoiar ás familias que sofren a causa da drogodependencia dalgún dos seus membros, e dotalas de ferramentas para que podan afrontar as situacións que se lle presenten.
Noticias de última hora en Vigo