O Concello pon un autobús para ir á manifestación de Vigo o vindeiro 8 de Marzo

Por o 04/03/2019 | Sección: Galicia,O Porriño
O Concello pon un autobús para ir á manifestación de Vigo o vindeiro 8 de Marzo

O Concello do Porriño, a través da súa Concellería de Igualdade ,pon en coñecemento de toda a cidadanía que, con motivo do próximo 8 de Marzo, porá a disposición de todas as veciñas e veciños un autobús para congregarse á manifestación que terá lugar en Vigo ás 20:00 horas, con saída desde a Praza de España.

Todas as persoas interesadas deberán acercarse ao Centro de Información á Muller (no 3º andar do Concello) ata o vindeiro xoves, día 7 de marzo, en horario de mañá (desde 8:30 ás 14:30 horas), ou ben chamar ao teléfono 986 337429 co fin de anotarse. Solicitarase nome, apelidos e D.N.I.

Comentar noticia

Your email address will not be published.