Abel Caballero explicou que a previsión era que o alumnado gozara das súas bolsas no Reino Unido e Irlanda no outono pero “á vista da situación sanitaria tomamos a decisión de pospoñelas para o próximo ano”, de maneira que viaxarán no mes de xullo de 2021 coa confianza de que “a pandemia estea baixo control e non haxa risco para a saúde”.
O goberno municipal manterá as 776 bolsas concedidas do programa “Vigo en Inglés” deste ano 2020 e notificará a decisión do adiamento ao alumnado beneficiario. Ademais, o vindeiro ano 2021 gozarán das bolsas o alumnado da próxima convocatoria do programa que viaxarán nos meses de setembro e outubro coa “seguridade sanitaria ao centro por cento”.
Noticias de última hora en Vigo