O Concello, premio IDC pola plataforma Vigo Cidade Intelixente e o proxecto de rutas interactivas

O alcalde deu conta este venres do galardón internacional conseguido nos Premios IDC de Smart Cities & Communities, o cuarto que Vigo acada pola súa estratexia de cidade intelixente. A distinción recoñece o emprego de tecnoloxías intelixentes para optimizar os servizos municipais.
Publicado por o día 11/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello, premio IDC pola plataforma Vigo Cidade Intelixente e o proxecto de rutas interactivas

Vigo continúa acumulando distincións ao seu proxecto de cidade intelixente. Abel Caballero informou este venres do cuarto recibido no último lustro, un “importante recoñecemento internacional” nos Premios IDC de Smart Cities & Communities de Europa e Asia Central.

Provedora global de intelixencia de mercado, servizos de asesoría e eventos para as tecnoloxías da información, consumo e telecomunicacións, a compañía americana IDC (International Data Group) resolveu o pasado 10 de decembro a segunda edición do certame e seleccionou os mellores proxectos de Europa e Asia Central en distintos ámbitos. Vigo foi elixida na categoría “Planificación e administración urbana sostible”, que engloba ás urbes que empregan tecnoloxías intelixentes para mellorar a toma de decisións e optimizar os servizos municipais.

En rolda de prensa, o alcalde explicou que a proposta viguesa galardoada incluía os proxectos municipais de Smartcity VCI + 2.0 (a Plataforma Vigo Cidade Intelixente) e o novo proxecto de rutas interactivas, recentemente presentado polo propio Caballero. Ambos, engadiu, foron impulsados con fondos FEDER da Unión Europea, dentro da estratexia DUSI do Vigo Vertical.

Trátase da cuarta distinción que acumula o smart city vigués. En 2015, a cidade foi acredora do Premio Galicia e do Premio nacional Smart City de SocInfo “Sociedade da Información”, mentres que o pasado ano 2019 o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades recoñeceu a Vigo como “Cidade da ciencia e a innovación” e, no mesmo ano, a urbe foi Premio nacional “Cidadáns” pola app Vigo, recoñecida como unha das aplicacións móbiles mellores e máis completas dunha cidade española.

Comentar noticia

Your email address will not be published.