O Concello prepara unha campaña de concienciación sobre o exceso de velocidade

O goberno municipal está comprobando a velocidade que alcanzan os condutores nalgunhas zonas da cidade co obxectivo de desenvolver unha campaña de concienciación cidadá.
Por o 14/02/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello prepara unha campaña de concienciación sobre o exceso de velocidade

O goberno municipal está comprobando a velocidade que alcanzan os condutores nalgunhas zonas da cidade co obxectivo de desenvolver unha campaña de concienciación cidadá. 

Con ese obxectivo, o Concello está instalando máquinas de medición en diferentes rúas da cidade que teñen limitación de circulación a 30 quilómetros por hora. Así, comprobará a velocidade media que alcanzan os condutores.

Cos datos obtidos desta recolla, o goberno municipal elaborará un estudo que será exposto ante a cidadanía para trasladarlle a necesidade de respectar as velocidades máximas establecidas. A campaña de concienciación está enfocada a que os condutores entendan a obrigatoriedade de respectar as velocidades máximas nas diferentes zonas da cidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.