O Concello prevé reabrir a Gran Vía ao tráfico a mediados de setembro

Nestes momentos, continúan os labores de instalacións dos vidros nos pórticos das ramplas da Gran Vía, entre María Berdiales e Venezuela, coa previsión de que o asfaltado remate a mediados de setembro para retomar a circulación de coches.
Publicado por o día 12/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello prevé reabrir a Gran Vía ao tráfico a mediados de setembro

O alcalde avanzou este mércores en rolda de prensa que as árbores de gran porte e a vexetación na Gran Vía serán postas máis adiante polo risco de seca no verán que impide poñelas ata o mes de outubro. Con todo, as obras de instalación das ramplas, no tramo comprendido entre María Berdiales e Venezuela, que se inclúen no programa Vigo Vertical, financiado con Fondos Feder da Unión Europea, avanzan coa colocación dos arvos de vidro nos pórticos de cores que favorecen que “empece a ter a vistosidade dunha obra de escultura”, coa previsión de finalizar o asfaltado a mediados do mes de setembro cando se abrirá ao tráfico a Gran Vía.

Ademais, informou do remate do aglomerado das rúas Heraclio Botana e Roupeiro dentro das obras de humanización da contorna de Rosalía de Castro e García Barbón que teñen un orzamento de 500.000 euros e que sufriron atrasos por cuestións de patrimonio histórico. Nestes momentos están rematando os traballos na calzada, á espera do pintado para o que cómpre esperar unhas semanas.

O rexedor explicou que mañá xoves comezará unha nova fase da humanización da Ronda de Don Bosco no tramos que vai desde Joaquín Loriga ata María Berdiales, mentres continúan os traballos na zona central da praza e coa previsión de que estean rematadas en novembro.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.