O Concello programa humor e música na terraza do Mar de Vigo con seguridade sanitaria

Coa participación do alcalde, este martes presentouse un avance do Festival TerraCeo, concertos e actuacións de xullo a setembro cun formato que presta especial atención ás medidas de seguridade sanitaria. Está confirmada a presenza de Los Secretos, Andrés Suárez, Pablo López, Álex Ubago, Don Patricio, Recycled J e Ariel Rot.
Publicado por o día 09/06/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello programa humor e música na terraza do Mar de Vigo con seguridade sanitaria

No acto deste martes estiveron presentes o alcalde de Vigo, representantes das produtoras implicadas na programación e Iñaki Teixeira por parte do Auditorio Mar de Vigo. Na terraza do edificio de Beiramar, de 2.000 metros cadrados de superficie, se celebrarán concertos e actuacións cun aforo de 400 butacas e cumprimento da normativa sanitaria contra o Covid-19.

A falta de concretar o cartel, está confirmada a visita de Los Secretos, que inaugurará o certame cun dobre concerto os días 3 e 4 de xullo. En total, preto de trinta artistas ofrecerán a súa proposta cultural nos meses de xullo, agosto e setembro, entre os que estarán Andrés Suárez, Pablo López, Álex Ubago, Don Patricio, Recycled J e Ariel Rot, todos estes pechados, e case que con toda certeza, segundo avanzou Teixeira, tamén Coque Malla. No plano humorístico, o monólogo de Luis Zahera terá lugar o 12 de xullo e Noites de Retranca, o 25 de xullo.

Os concertos deste ciclo estarán adaptados ás condicións sanitarias vixentes na “nova normalidade”. A organización contempla abrir as portas con dúas horas de antelación para evitar aglomeracións e facilitar a entrada gradual do público, as butacas cumprirán coa separación esixida e haberá elementos de desinfección e autoprotección á disposición dos asistentes.

As primeiras entradas sairán á venda nas próximas horas, tal e como confirmou Teixeira ante os medios de comunicación. Entre os artistas cos que se negocia están tanto internacionais como bandas locais, que terán tamén o seu espazo no Festival TerraCeo deste ano.

Comentar noticia

Your email address will not be published.