O Concello promove unha plantación de árbores no Parque Forestal do Vixiador con escolares

Publicado por o día 11/04/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello promove unha plantación de árbores no Parque Forestal do Vixiador con escolares

O concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, se achegou esta mañá ao Monte Vixiador para participar nunha plantación de árbores con estudantes de quinto e de sexto de Primaria. Acompañados por responsables da Comunidade de Montes de Candeán, case medio centenar de escolares plantaron cerdeiras e nogueiras dentro dunha iniciativa que ten por obxectivo concienciar á mocidade sobre o coidado do medio ambiente.