O Concello prorroga 15 días máis a implantación da nova tarxeta PassVigo

Abel Caballero avanzou este xoves que o prazo de funcionamento da vella Tarxeta Verde amplíase ata o 15 de abril debido á avalancha de peticións recibidas nos últimos días. “É un éxito extraordinario, todo o mundo na cidade quere ter a nova PassVigo, xa é unha especie de carné de identidade propio”, asegurou o acalde.
Publicado por o día 15/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello prorroga 15 días máis a implantación da nova tarxeta PassVigo

O prazo para dar de baixa a Tarxeta Verde do transporte metropolitano e cambiar á nova tarxeta PassVigo estará aberto ata o vindeiro 15 de abril, segundo avanzou este xoves o alcalde. A avalancha de peticións recibidas nos últimos días, máis de 10.000 durante o mes de marzo, levou ao Concello a ampliar o prazo facilitar a súa implantación.

“A PassVigo ten un éxito extraordinario, todo o mundo na cidade a quere, xa é unha especie de carné de identidade”, sinalou o alcalde, Abel Caballero, durante una comparecencia ante os medios de comunicación na que avanzou os últimos datos de implantación da nova tarxeta.

A día 12 de marzo, segundo indicou o rexedor, o Concello xa enviou un total de 103.666 tarxetas PassVigo, das que bonificadas son 67.852, para estudantes ascenden a 7.650, pensionistas I y II (totalmente gratuítas) son 22.458, universitarios xa chegan ás 4.953 e sociais outras 753. Ademais, do total das enviadas, 38.389 están xa en uso, o que representa un 37 por cento.

A modo de exemplo, o alcalde relatou que o pasado luns, 12 de marzo, foron usadas 8.381 tarxetas nos autobuses de Vigo, dos cales 5.348 foron con PassVigo (63,81%). Ademais das PassVigo xa enviadas por defecto aos posuidores da Tarxeta Verde, os vigueses solicitaron 44.508 tarxetas, das que 18.766 foron peticións de forma presencial e outras 25.742 vía web. Desde xaneiro, a media de solicitudes de tarxetas era dunhas 3.000 por semana e unicamente nos 12 primeiros días de marzo realizáronse 10.604 peticións.

“O primeiro contido da tarxeta é para o transporte urbano, logo haberá outras utilidades polo dereito a estar empadroado en Vigo, como serán piscinas ou pavillóns”, sinalou Abel Caballero. O alcalde tamén insistiu en que “os descontos dos autobuses pagados por Vigo son unicamente para a xente empadroada en Vigo” e lembrou que “a Constitución Española marca as competencias dos municipios”.