O Concello recibe as obras da grada de Río e do patio cuberto do colexio Rocío

Publicado por o día 06/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello recibe as obras da grada de Río e do patio cuberto do colexio Rocío

O alcalde informou da recepción este mércores da obra da grada de Río, unha vez rematada e entregada pola empresa, de maneira que o Concello pode poñela xa a “á enteira disposición do Celta para operar con normalidade”, apuntou. 

Durante a realización da obra, o goberno municipal tiña que poñela a disposición do Club en cada partido e devolvela despois á empresa construtora, que a cedera previamente. Amais, o Concello recibiu hoxe a obra da cuberta do patio do CEIP Virxe do Rocío que pasa a disposición do centro educativo.