O Concello recibe ata o 28 de xuño as ofertas para peonalizar a Porta do Sol

Ata finais de mes, as empresas poden optar á execución dos traballos de soterramento do tráfico e humanización de Porta do Sol, segundo informou este martes Abel Caballero. Financiado con fondos FEDER da Unión Europea, este proxecto municipal presenta un orzamento de 17 millóns.
Publicado por o día 04/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello recibe ata o 28 de xuño as ofertas para peonalizar a Porta do Sol

Ata finais de mes, as empresas poden optar á execución dos traballos de soterramento do tráfico e humanización de Porta do Sol, segundo informou este martes Abel Caballero. Financiado con fondos FEDER da Unión Europea, este proxecto municipal presenta un orzamento de 17 millóns.

Logo de aprobar o proxecto en Xunta de Goberno o pasado 3 de maio e a apertura do proceso de licitación o 24 do pasado mes, o Concello ten aberto o prazo de recepción de ofertas ata o próximo 28 de xuño, segundo trasladou este martes o alcalde en funcións. O prazo estimado de execución das obras é de dous anos e o orzamento municipal ascende a 17 millóns de euros -parte do proxecto EDUSI Vigo Vertical cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europa-.

O proxecto contempla a construción dun túnel e incorpora unha rampla mecánica desde Carral ata a Porta do Sol, que dará continuidade á xa existente na rúa II República. En superficie, o Concello creará un espazo público peonil de 8.000 metros cadrados, con zonas verdes, mobiliario urbano e elementos singulares como un escenario, unha réplica das illas Cíes ou unha maqueta tiflolóxica para persoas con visibilidade reducida na que amosa a configuración do espazo público.

O goberno vigués reporá ademais as redes de iluminación pública, gas, electricidade, telecomunicacións, saneamento e abastecemento. Abel Caballero explicou sobre a Porta do Sol que “queremos gozala como unha praza peonil”, indicou que “Vigo non ten unha gran praza” e este proxecto “é unha gran obra para compactar a cidade, o casco vello alto e baixo e a Porta do Sol”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.