O Concello recibe unha subvención de 265.000 euros para o Programa de Ocio Alterativo para a mocidade

O Plan Local de Drogodependencias recibe un novo impulso ao recibir unha subvención de 265.000 euros do Ministerio de Sanidade. Ademais, hoxe mesmo o rexedor entregou os diplomas do concurso escolar “Por un lecer saudable” no que participaron numerosos centros educativos da cidade.
Publicado por o día 01/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello recibe unha subvención de 265.000 euros para o Programa de Ocio Alterativo para a mocidade

O Concello recibiu unha subvención de 265.651 euros do Ministerio de Sanidade para financiar o Programa de Ocio Alternativo de prevención de consumos aditivos en menores e mocidade. Tal e como explicou o rexedor, esta iniciativa forma parte do Plan Local de Drogodependencias que se executa todo o ano, cunha duración de 365 días e unha media de seis horas diarias. Entre outros aspectos, organízanse actividades de dinamización infantil e xuvenil; musicais; obradoiros de verán; actividades medioambientais e de hábitos saudables ou de asesoramento nutricional.

Outra das iniciativas incluídas no Plan de Drogodepencias é o concurso escolar “Por un lecer saudable”, no que participaron aportando lemas contra a drogadicción numerosos centros educativos da cidade. Hoxe mesmo, o rexedor entregou os diplomas no Auditorio Mar de Vigo, onde se deron cita uns 250 chicos/as de 6º de Primaria, 2º e 4º da ESO.