Un total de 7.648 persoas solicitaron entre o luns e o martes pasado a súa inscrición no sorteo de entradas para a estrea nacional da película “Frozen 2” en Vigo. O Concello regalou 180 invitacións mediante sorteo para o pase da longametraxe este mércores na cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este mércores que o Concello recibiu un total de 7.648 solicitudes para inscribirse no sorteo das 180 entradas para a estrea hoxe na cidade (19:30 horas, Praza E) da película de animación “Frozen 2”.
As entradas foron repartidas a tarde do martes na lonxa do Concello e Caballero indicou que a páxina web municipal (vigo.org) rexistrou unha una avalancha de visitas para inscribirse e participar no sorteo. Así, o alcalde precisou que a web tivo o luns 28.500 usuarios (356% máis que o luns anterior), 37.192 sesións (411% máis que o luns anterior) e 139.536 páxinas vistas na web (27.380 o luns anterior).
Ademais, a App Vigo tamén rexistrou datos de afluencia moi elevados con 1.000 descargas entre o luns e martes (en total ten actualmente 26.500 descargas).
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.