O Concello recoñece aos mellores deportistas de fútbol e fútbol sala da temporada 2018-19

O alcalde de Vigo participa esta tarde no MARCO na entrega de 14 galardóns en 13 categorías de fútbol e fútbol sala nun acto que servirá de homenaxe aos deportistas vigueses.
Publicado por o día 11/02/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello recoñece aos mellores deportistas de fútbol e fútbol sala da temporada 2018-19

Abel Caballero avanzou que “seguiremos dándolles aval e estimulándoos para que continúen facendo o seu traballo” ao dar conta da entrega de premios da Fundación Vide que terá lugar esta tarde ás 19:00 horas no MARCO.

Son 13 categorías con 14 premiados diferentes das modalidades de fútbol e fútbol sala da temporada 2018-2019 e que servirán como “homenaxe aos deportistas de Vigo”.

Caballero puxo en valor a Fundación Vide pola súa forma de aglutinar a cooperación pública e privada, adiantando que “queremos mantelo” coas empresas que cooperan no apoio á cultura e ao deporte.

Comentar noticia

Your email address will not be published.