O Concello reforza a desinfección de rúas con dous novos vehículos

Comezarán a traballar desde este luns, 11 de maio, con dous percorridos en quenda de noite e outros dous, de mañá. “Seguimos no reforzo das desinfeccións das rúas de Vigo e dos lugares sensibles”, afirmou Caballero este venres.
Publicado por o día 08/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Galicia,Vigo

O Concello reforza a desinfección de rúas con dous novos vehículos

O alcalde anunciou este venres que os servizos municipais de desinfección de rúas contarán desde o luns con dous novos vehículos, que completarán dous percorridos pola noite e outros tantos pola mañá.

O Concello amplía así a capacidade de desinfección, que chega a todas as parroquias e se ocupa tamén de espazos como Cedro, as instalacións da Policía Local e os parques de Bombeiros, o albergue, os cemiterios de Pereiró, Teis e Lavadores, e os arredores de todos os centros de sáude e outras sedes sanitarias.

“Seguimos no reforzo das desinfeccións das rúas de Vigo e dos lugares sensibles”, constatou este venres Abel Caballero en rolda de prensa celebrada por videoconferencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.