O Concello reforza as liñas de bus urbano ás praias para a temporada de verán

Tres liñas do transporte urbano de Vigo xa están ampliadas coa entrada da temporada de verán para facilitar a afluencia de bañistas ás praias da cidade. Desde o venres pasado as liñas C3, L4C y L23 aumentan o seu percorrido ata Samil e O Vao.
Publicado por o día 27/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello reforza as liñas de bus urbano ás praias para a temporada de verán

Tres liñas do transporte urbano de Vigo xa están ampliadas coa entrada da temporada de verán para facilitar a afluencia de bañistas ás praias da cidade. Desde o venres pasado as liñas C3, L4C y L23 aumentan o seu percorrido ata Samil e O Vao.

O Concello de Vigo ampliou as liñas de bus urbano para que os seus percorridos cheguen durante a temporada de verán ata as praias de Samil e O Vao. Segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, desde o día 21 están ampliadas as rutas “porque queremos facilitar a afluencia” aos areais da cidade.

Así, desde a semana pasada a liñas C3, L4C y L23 amplían o seu percorrido. No caso do C3, desde Bouzas e Coia ata Samil todos os días da semana, mantendo os seus horarios habituais e realizando esta ruta ata a praia viguesa tamén os sábados, domingos e festivos, como xa ocorre o resto do ano.

Pola súa banda, a liña L4C, que tamén finaliza o resto do ano en Coia, chegará a Samil e O Vao en laborables, sábados, domingos e festivos. E por último, a liña L23 amplíase desde a rúa Martín Echegaray ata Samil, en laborables, sábados, domingos e festivos.