O Concello reforzará con cámaras nas rúas o control do aforo Covid durante o Nadal

Abel Caballero avanzou esta mañá novas medidas para que Vigo poida gozar dun Nadal con “seguridade Covid 1.000 por 100”. Nesta ocasión, deu conta da licitación da contratación dun sistema de cámaras que permitirá controlar o aforo das rúas, dispositivo que o Concello complementa coa contratación de 23 persoas, contando sempre co apoio da Policía Local.
Publicado por o día 17/11/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello reforzará con cámaras nas rúas o control do aforo Covid durante o Nadal

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe nunha sesión extraordinaria a contratación por procedemento aberto dun sistema de control de aforo, afluencia e concentración de persoas para o cumprimento do Protocolo Covid-19, no ámbito da programación de Nadal. Cun importe de 46.200 euros, a adxudicación está prevista para principios de decembro ao tramitarse polo procedemento de urxencia xustificado na actual situación de pandemia (estará publicado no Perfil do contratante durante oito días).

Segundo detallou o rexedor, o prego técnico define unha chamada zona vermella, en torno aos elementos máis singulares da campaña, que terán que estar cubertas por cámaras que non gravan nin imaxe nin son -velando en todo momento pola protección de datos -, senón que contan siluetas. Unha vez que a cámara detecta que se sobrepasa o aforo decretado por zona -circunstancia que poderá variar en función do momento sanitario -, os controladores presenciais pecharán á zona ata que sexa posible a entrada de máis xente. Estas accións sempre estarán coordinadas coa Policía Local, que actuará se fose preciso. En todos os accesos á chamada zona vermella haberá vallas para proceder ao bloqueo de entradas.

O alcalde explicou que as cámaras controlarán ao redor de 60 rúas, entre as que destacou os seguintes ámbitos: Casco Vello (Plaza da Constitución Praza da Pedra, Praza da Basílica); Policarpo Sanz, Príncipe, Urzáiz, Rosalía de Castro, Porta do Sol e rúas adxacentes (López de Neira, Velázquez Moreno, García Barbón…

Respecto do número de cámaras, este dependerá da tecnoloxía que oferte cada licitador, toda vez que os alcances dos dispositivos poden variar entre os 30 e os 400 metros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.