O Concello rehabilita e pon en valor a fonte Cabanas

A corporación municipal solicita que tras as melloras acometidas, se utilice a fonte como recurso natural, coidando tamén o seu entorno.
Por o 11/02/2019 | Sección: Galicia,Redondela
O Concello rehabilita e pon en valor a fonte Cabanas

As Concellerías de Medio Ambiente e de Vías e Obras do Concello de Redondela, veñen de acometer diversas melloras na fonte de Cabanas, que se atopa na rotonda da saída da AP9. O alcalde, Javier Bas estivo cos veciños da zona supervisando o correcto funcionamento da fonte.

Co obxectivo de poñer en valor os recursos hidráulicos da vila e para fomentar o consumo de augas de manantiais, o Concello levou a cabo unha obra de mellora do manantial e do seu entorno. Por este motivo, agora solicitan que se faga un uso responsable e adecuado da fonte.

A fonte de Cabanas ten un caudal de 1.020 litros por hora, o que fai que cada día regale máis de 24.000 litros de auga potable á cidadanía. Por iso, o Concello quere poñer en coñecemento de todos os veciños este feito para fomentar o uso da auga de boa calidade coa que se conta en todo o municipio, en detrimento do consumo da auga embotellada.

Así pois, desde o equipo municipal faise un chamamento á poboación para que manteña en bo estado a contorna da fonte de Cabanas, libre de bolsas e de todo tipo de residuos. Cabe recordar que Redondela conta actualmente cun recoñecemento pola súa proposta de reciclaxe activa por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Neste senso, o rexedor redondelano, Javier Bas, destaca a importancia para Redondela de manter os espazos públicos e común en bo estado, porque deste xeito se mellora a convivencia e calidade de vida na vila.

Comentar noticia

Your email address will not be published.