O Concello remite o proxecto de centro de saúde de Bouzas á Xunta para informe de Patrimonio

O alcalde criticou que a Xunta de Galicia remitira ao Concello o proxecto sen o pertinente aval de Patrimonio Histórico da propia administración autonómica, por estar a parcela en zona de cautela arqueolóxica. Abel Caballero censurou que o Concello cedeu o solo en 2008: “dez anos de atraso e o que envían non vale”.

O Concello de Vigo recibiu o proxecto o pasado 10 de setembro e xa foi remitido á Xunta de Galicia para o seu visto bo por parte de Patrimonio Histórico. O alcalde denunciou que a solicitude de licencia chega sen este aval previo, co que a concesión da autorización municipal non pode ser sequera considerada.

Abel Caballero recordou que o goberno vigués adquiriu unha parcela anexa á alameda Suárez Llanos e cedeuna de balde á Xunta de Galicia en 2008 para a construción dun centro de saúde para Bouzas. O rexedor asegurou este venres que o envío do proxecto ao Concello sen o visto bo de Patrimonio Histórico “non é un esquecemento casual” por parte da Xunta de Galicia. “Dez anos de atraso e o que envían non vale para nada”, concluíu Caballero.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM