O Concello renova a flota de limpeza con vehículos eléctricos e a gas natural

O servizo conta desde este xoves con 14 novos equipos de maquinaria e 27 novos vehículos -23 destes eléctricos ou a gas natural-, que permitirán unha mellora da limpeza cunha maior sustentabilidade. O investimento ascende a catro millóns. Abel Caballero puxo en valor que Vigo é a cidade española máis galardoada en limpeza, con seis “Vasoiras de platino” consecutivas.
Publicado por o día 17/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello renova a flota de limpeza con vehículos eléctricos e a gas natural

O alcalde participou este xoves en Samil na presentación dos novos equipos de limpeza da cidade, en concreto, 27 novos vehículos e 14 novas unidades de maquinaria dotados coas últimas tecnoloxías. Caballero -quen destacou que algúns destes vehículos foron construídos en Vigo- subliñou que 23 dos 27 novos vehículos son ben eléctricos, ben a gas natural comprimido (GNC)

O obxectivo, citou o alcalde, é facer de Vigo unha cidade máis sustentable, potenciando a prevención na xeración de residuos, a reutilización, a reciclaxe e separación de residuos. Caballero recordou que Vigo é a urbe española máis galardoada en limpeza, coa obtención de seis “Vasoiras de platino” consecutivas, un premio bianual que Vigo obtén desde que o actual alcalde accedeu ao cargo. Ademais, Vigo é a cidade que máis e mellor recicla en toda Galicia, explicou.

A relación de vehículos que se incorporan son:

3 vehículos auxiliares tipo Porter de Caixa aberta (Eléctricos)
2 varredoiras eléctricas para aceiras
1 decapadora de alta presión e auga quente
1 vehículo de Caixa aberta con pinza e grúa (GNC)
2 vehículo de punto limpo móbil (GNC)
1 baldeadora de beirarúas (Eléctrica)
1 vehículo caixa aberta volquete
2 vehículos auxiliares para praias eléctricos
1 vehículo caixa basculante, plataforma e grúa
7 furgonetas de inspección eléctrica
1 rec. Compac insonorizado (GNC)
1 furgón (GNC)
2 lavacontedores (GNC)
1 furgón caixa aberta con grúa e plataforma elevadora
1 furgón caixa aberta con plataforma elevadora

En canto á maquinaria, os novos equipos adquiridos e presentados hoxe son:

1 cribadora manual
2 limpiapraias remolcadoras
2 remolque para tractor
1 cuba de fumigación remolcable con capacidade para 500 litros
2 remolques de señalización de traballos
1 quemador de malas herbas
2 hidrolimpadoras
3 esparciadores de sal manuais