O Concello renova o seu apoio ao III Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo

Case un centenar de músicos participarán en Vigo a partir entre o 16 e o 20 de abril no III Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo. Un certame de “gran prestixio a pesar da súa xuventude” que “pon de novo en valor o compromiso do goberno local coa música e coa cultura”.
Por o 26/03/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello renova o seu apoio ao III Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo
Compartir en:

O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou esta mañá a III edición do Concurso Internacional de Piano “Cidade de Vigo”, un certame de “gran prestixio a pesar da súa xuventude” que se celebrará entre o 16 e o 20 de abril no Conservatorio Superior Martín Códax. Acompañado por Pablo Galdo, director artístico e presidente da Asociación de Música Clásica de Galicia, o edil resaltou que a cooperación do Concello con este concurso pon de novo “en valor o compromiso do goberno local e do conxunto da cidade coa música e coa cultura”. Unha das sinais do recoñecemento internacional deste evento é, ademais do importante número de participantes, a calidade do seu xurado. Este ano contará con nomes tan destacados como Martha Argerich (Argentina) -presidenta-, Nelson Freire (Brasil), Tamás Vásáry (Hungría), Sergio Tiempo Venezuela); ademais do propio Pablo Galdo.

A organización prevé organizar o concerto inaugural o día 15, coa participación de varios dos gañadores da edición do ano pasado, segundo avanzou o director artístico. Entre o 16 e o 20 de abril desenvolverase o certame que este ano recibiu case 400 aspirantes de 53 países do mundo, converténdose no segundo concurso do século XXI con maior número de inscritos. Tras a selección, engadiu Galdo, serán algo menos dun centenar os músicos que midan a súa calidade artística en Vigo. O concurso non ten límite de idade e haberá premios para as distintas categorías.

Comentar noticia

Your email address will not be published.