O Concello renovará os paseos e a zona axardinada da praza de Galicia

A actuación estenderase aos parterres de Augusto García Sánchez e a praza da Liberdade
Por o 20/03/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
O Concello renovará os paseos e a zona axardinada da praza de Galicia

O Concello de Pontevedra vai a acometer unha “renovación íntegra” da zona axardinada da praza de Galicia e arranxará os parterres que hai nos extremos da avenida Augusto García Sánchez (entronque coa rúa Alcalde Hevia e na praza da Liberdade).

A Xunta de Goberno local aprobou a adxudicación dos traballos a empresa Ferroser por 51.802,39 euros, segundo informou o portavoz do Goberno local, Raimundo González. Terán un prazo de execución de arredor dun mes, en función do tempo.

O groso da actuación desenvolverase na praza de Galicia onde é preciso levantar os paseos centrais da zona axardinada e renovalos co fin de darlle solución aos charcos e acumulacións de auga que alí se producen e que non se resolven xa con novas aportacións de xabre, xa que non drena “pois aínda que se foron facendo tarefas de mantemento está ao límite da súa vida útil” explicou Raimundo González. Ademais dos paseos, re-sementarase o céspede que hai na praza e porase novos macizos ornamentais con plantas gramíneas e especies con flores (hoxe en día hai hortensias).

Esta renovación das zonas verdes estenderase aos dous extremos da avenida Augusto García Sánchez -na confluencia coa rúa Alcalde Hevia e coa praza da Liberdade- onde vanse a renovar os parterres que alí hai.

O portavoz do Goberno locall subliñou que esta actuación, ademais de necesaria, “forma parte do acordo acadado coa Asociación de veciños de Campolongo e a Federación de asociacións de veciños Castelao para a aprobación do orzamento municipal”.