O concello repara as pontes de madeira sobre o Maceiras e o Alvedosa

Publicado por o día 22/10/2018 na sección de Galicia,Redondela

O concello repara as pontes de madeira sobre o Maceiras e o Alvedosa

O Concello de Redondela contratou a pasada semana a realización dos traballos de reparación das pontes de madeira sobre os ríos Alvedosa e Maceiras. Estas pontes atopábanse deteriorados polo paso do tempo e a ausencia de mantemento polo que se realizará un traballo de recuperación integral que consitirá no lixado e limpeza, aplicación de fondo protector insecticida, fungicida e termicida para madeira exterior, aplicación de barniz satinado color madeira e a reposición de pezas que se atopen en mal estado. As pontes que se tratarán serán a do inicio do Paseo do Maceiras, a que se atopa na Xunqueira, a ponte da Alameda e a de Santa Mariña.

Os traballos orzamentados en 18.000 euros rematarán a vindeira semana se o tempo o permite senón continuarán cando volva o bo tempo.

O Paseo da Portela

O Paseo da Portela será reparado nos vindeiros meses polos alumnos do obradoiro de emprego xoven que están a realizar a especialidade de carpintería.