O Concello repartirá outra remesa de 45.000 máscaras enviadas polo Goberno

Caballero avanzou que en breve serán repartidas 45.000 máscaras, enviadas polo Goberno de España, en mercados, asociacións de veciños, culturais e ONGs.
Publicado por o día 30/11/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello repartirá outra remesa de 45.000 máscaras enviadas polo Goberno

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns que o Concello recibiu outras 45.000 máscaras enviadas polo Goberno central e que serán repartidas en mercados, asociacións de veciños, culturais e ONGs. O rexedor apuntou que en total, sumado este novo lote que se vai a repartir en breve, xa foron entregadas 293.500 máscaras do Concello e do Goberno de España.

Caballero tamén sinalou que na comisión do xoves foron concedidas outras 48 axudas de emerxencia por importe de 9.600 euros e xa van case 11.000 desde o pasado mes de marzo.

Ademais, o alcalde informou de que desde o inicio da pandemia anulouse a rotación obrigada de usuarios no albergue de Marqués de Valterra.