O Concello reserva zonas en carga e descarga para os sanitarios que prestan servizos domiciliarios

Os profesionais sanitarios que realicen servizos domiciliarios terán uso preferente de prazas de carga e descarga, segundo anunciou esta mañá o rexedor. Tamén deu conta da suspensión da XER a partir do venres, 20 de marzo.
Publicado por o día 18/03/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello reserva zonas en carga e descarga para os sanitarios que prestan servizos domiciliarios

Abel Caballero anunciou esta mañá a reserva de prazas de aparcamento para os profesionais sanitarios que prestan servizos domiciliarios. Estas prazas non poderán ser usados por particulares nin sequera nos días festivos, advertiu o rexedor.

Nun audio enviado aos medios, tamén deu conta da suspensión da Xestión do Estacionamento Regulado (XER) mentres dure o estado de alarma, unha medida que empezará a ser efectiva o venres 20 de marzo (dado que mañá e festivo). Explicou que o Concello adopta esta decisión unha vez comprobada a escasa rotación nas rúas reguladas pola XER e, polo tanto, a escasa demanda de aparcamento. En todo caso, Caballero explicou que esta suspensión suporá que o Concello teña que resarcir economicamente á empresa concesionaria, un custo que terá que asumir toda a cidade desde as arcas municipais.

Así mesmo, o alcalde constatou que o servizo de atención ás vítimas de violencia de xénero permanece operativo de xeito non presencial. Todas as consultas pódense facer a través do teléfono do Centro municipal de información dos dereitos da muller (teléfono 986293963 e no mail [email protected]).