O Concello retoma a tramitación de Recaré con melloras nas conexións do ámbito coa A55

Segundo informou Abel Caballero, a Xerencia de Urbanismo do próximo martes inclúe na súa orde do día a remisión do borrador á Xunta, para continuar coa tramitación do ámbito de Recaré dentro da ordenación provisional. Logo dun informe do Estado, os promotores retocaron o deseño dos enlaces viarios coa A55.
Publicado por o día 22/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello retoma a tramitación de Recaré con melloras nas conexións do ámbito coa A55

Segundo informou Abel Caballero, a Xerencia de Urbanismo do próximo martes inclúe na súa orde do día a remisión do borrador á Xunta, para continuar coa tramitación do ámbito de Recaré dentro da ordenación provisional. Logo dun informe do Estado, os promotores retocaron o deseño dos enlaces viarios coa A55.

O alcalde avanzou que Urbanismo abordará o martes, na súa sesión ordinaria do Consello da Xerencia, o envío á Xunta de Galicia do borrador e documento de avaliación ambiental correspondente ao ámbito de Recaré, a efectos de continuar a súa tramitación dentro da ordenación provisional.

Por un informe desfavorable do departamento de Estradas do Ministerio de Fomento, o goberno autonómico denegara a súa aprobación. Agora, os promotores deste ámbito urbanístico, localizado despois da Avenida de Madrid e próximo á estrada de Porriño, presentan unha modificación da ordenación proposta no Plan de 2008, co fin de cumprir cos requirimentos establecidos no documento estatal respecto aos enlaces viarios de Recaré coa A55.

Así, o alcalde mostrou o seu convencemento de que o ámbito comercial poderá continuar coa súa tramitación administrativa e será incluído na ordenación provisional, instrumento aprobado definitivamente polo Concello que permite recuperar en máis de 40.000 parcelas a edificabilidade recollida no anulado Plan Xeral de 2008.

Xunto a Recaré, Abel Caballero recordou que o goberno que preside tramita a través da ordenación provisional outro ámbito de carácter comercial, o de Cruceiro, cerca da Avenida de Europa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.