O Concello segue a tirar cartos, agora puntos de carga de trebellos eletrónicos nas rúas

Publicado por o día 03/03/2015 na sección de ODS Coia,Vigo

O Concello segue a tirar cartos, agora puntos de carga de trebellos eletrónicos nas rúas

Hoxe o Faro de Vigo publica esta nova:

“El Concello instalará nuevos cargadores para dispositivos electrónicos en las calles que sean objeto de obras de rehabilitación, sin descartar otras zonas donde exista una demanda de este servicio. Según detalló ayer el alcalde, Abel Caballero, estos puntos se situarán próximos a un banco y permitirán a los viandantes cargar móviles, tabletas o cámaras, entre otros dispositivos, para facilitar “un hábito tecnológico y social de la ciudad”.

A golpe de medidas alleas á realidade, ao sentido común e ás necesidades colectivas o goberno da cidade segue rumbo ao seu final de mandato con medidas extravagantes. Propostas espectaculares e cheas de propagada que de novo pagan cos cartos de todas, desta banda as obras da rúa Girona custan 350000 euros. Agora o máis “cool” e pór nos bancos das rúas “humanizadas” puntos de recarga eléctrica de trebellos electrónicos (móbiles, tabletas, mp3…).

Lembremos que decisións políticas coma estas conviven cos problemas estruturais que sofre o Departamento de Benestar Social: escaseza de persoal, atrasos na tramitación de axudas sociais básicas, restritividade e opacidade na concesión de axudas para cubrir necesidades básicas, privatización de programas, etc.

Este goberno mentres anuncia estas medidas négase a ofrecer datos estatísticos das Axudas de Emerxencia Municipais no 2014, datos que por certo nunca foron públicos até o momento. Falamos do orzamento gastado, do número de solicitudes tramitadas, do número de aprobacións/denegacións, das axudas por conceptos, do tempo medio de resolución…

Dende os barrios non podemos aguantar unhas políticas que afondan máis na desigualdade e no empobrecemento. Mentres non haxa ningún fogar sen luz non podemos tolerar excentricidades como a de poñer cargadores para trebellos na rúa.

Por iso, esiximos dereitos sociais que rematen con esmolas condicionadas.

Esiximos Renda Básica das iguais e moito máis!

PRENSA ODS COIA