O Concello sinaliza o tránsito peonil en Samil e Príncipe para garantir a distancia social

O paseo de Samil e a rúa peonil do Príncipe serán sinalizadas con sentidos únicos para que os viandantes non se crucen e poidan respectar o distanciamento social marcado pola pandemia do Covid-19. O alcalde indicou que este xoves acabarán os traballos no paseo do areal vigués e a continuación comezarán en Príncipe.
Publicado por o día 14/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello sinaliza o tránsito peonil en Samil e Príncipe para garantir a distancia social

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes en rolda de prensa das novas medidas tomadas polo Concello en zonas de máxima afluencia de viandantes para garantir o distanciamento social por Covid-19 e respectar as medidas de seguridades. Así, o rexedor indicou que os traballos no paseo de Samil para sinalizar os sentidos únicos peonís de circulación acabarán este xoves co pintado de círculos cun diámetro de 1,5 metros que sinalan a distancia do paseo en cada dirección.

No paseo de Samil haberá un total de 330 marcas vermellas, unha cada 9 metros, para indicar a distancia lateral. Ademais, tamén haberá indicacións con pisadas verdes que apuntarán a dirección que poderá camiñarse. “O nivel de cumprimento de distancia social é practicamente total, estase a cumprir ben, nas grandes, nas medianas e nas pequenas praias”, apuntou o alcalde.

Ademais, sinalou que tan pronto acabe a sinalización en Samil comezará a mesma labor na rúa Príncipe, co mesmo sistema, para que os peóns camiñen sempre na mesma dirección. “Máis adiante cuadricularemos zonas verdes de Samil, pero por agora están sen xente e non é necesario”, engadiu Caballero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.