O Concello solicita á Xunta unha parcela xunto ao Cunqueiro para un segundo parking gratuíto municipal

O alcalde informou este mércores de que enviou unha carta á Xunta de Galicia solicitando a cesión ou venta dunha parcela situada xunto al Hospital Álvaro Cunqueiro. A intención do Concello é construír un segundo aparcamento gratuíto na zona ante o “abuso e escándalo” do parking da concesionaria do centro médico.
Publicado por o día 16/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello solicita á Xunta unha parcela xunto ao Cunqueiro para un segundo parking gratuíto municipal

O Concello de Vigo está disposto a construír un segundo aparcamento gratuíto xunto ao Hospital Álvaro Cunqueiro para que os vigueses non teñan que pagar no parking subterráneo da concesionaria do centro médico. O alcalde informou este mércores de que xa solicitou de maneira formal á Xunta de Galicia a “cesión ou venta” dunha parcela para esta nova infraestrutura que sufragarían as arcas municipais.

“Abrimos hai uns meses un aparcamento municipal gratuíto no hospital con 400 prazas, está funcionando ben, con boa rotación, estamos aforrando aos cidadáns de Vigo os prohibitivos parkings de pago”, sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O rexedor, que se mostrou disposto a pagar “o que custe” o terreo, espera que a Xunta dea unha resposta positiva porque “necesitamos máis prazas” para os usuarios do hospital. O novo aparcamento gratuíto do Concello tería entre 300 e 350 prazas, que se sumarían ás 400 xa existentes no denominado aparcadoiro Clara Campoamor.

Esta nova infraestrutura sería aberta a todos os usuarios, segundo informou o alcalde, ata que sexa aprobada a correspondente ordenanza que regulará a entrada mediante a tarxeta PassVigo. “Non precisa recualificación e ademais permitiría ter aparcadoiro a ambos lados do hospital”, destacou Caballero.