O Concello solicita ao Goberno axudas para a rehabilitación de cinco áreas de vivendas

A Xerencia Municipal de Urbanismo solicitará este xoves a inclusión das súas cinco actuais Áreas de Rehabilitación Integral de vivendas (Aris) para poder percibir axudas que chegan ata o 75% do investimento. O custe dos investimentos rondaría os 6,5 millóns para un total de 262 actuacións nas que o Concello achegaría preto dun millón de euros e o Ministerio case 2,5 millóns.
Publicado por o día 29/08/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello solicita ao Goberno axudas para a rehabilitación de cinco áreas de vivendas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este mércores que o Concello de Vigo solicitará a inclusión das súas cinco áreas de rehabilitación integral (ARIS) no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 para que os propietarios poidan recibir achegas de ata o 75% do investimento que realicen nas reformas das súas casas.

O consello da Xerencia Municipal de Urbanismo levará este xoves a proposta para que o Plan Estatal inclúa na anualidade de 2018 actuacións nas Aris de Casco Vello, Bouzas, Santa Clara e Coia (rúas Bueu e Moaña). “Estas áreas as creamos para rehabilitar vivendas dos anos 50 e 60 que necesitan reformas, son antigas, carecen de elevadores e precisan de melloras”, sinalou o rexedor.

Caballero explicou que o novo plan mellora de forma importante as condicións de financiamento para persoas maiores ou con rendas baixas. O custe dos investimentos rondaría os 6,5 millóns para un total de 262 actuacións nas que o Concello de Vigo aportaría cerca dun millón de euros e o Ministerio case 2,5 millóns.

“Por cada euro que inviste o Concello se triplican as axudas de outras administracións, posto que se logran 3,3 euros”, sinalou Caballero. Ademais, o alcalde explicou que a Xerencia de Urbanismo xa propuxo en xullo a creación de novas áreas de rehabilitación na cidade.

Así, por unha banda propón a ampliación do barrio de Coia e, por outra, crear áreas do Grupo de Vivendas de Beiramar, das vivendas do Edificio Fenosa, das vivendas sociais da rúa Emilia Pardo Bazán (construídas no ano 1957) e San Roque, o Grupo de Vivendas de Espiñeiro (1960), rúa Enrique Lorenzo (1954) e barrio da Salgueira (entre 1953 e 1958).

Xunta de Goberno Local
Abel Caballero tamén informou da aprobación na Xunta de Goberno Local do convenio coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para os programas “Vente con Nós” e a “Semana del Teatro Aficionado” cun importe de 13.500 euros. “Apoiamos as actuacións de teatro, música, canto e danza tradicional no que participan 25 grupos cun total de 45 actuacións ao longo de todo o ano”, sinalou.

Por último, a Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace ao convenio coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo para a organización da festa gastronómica do mexillón. O evento, que recibe unha achega de 9.500 euros, celébrase este domingo, 2 de setembro, no parque de Castrelos.