O Concello supera as 10.000 axudas de emerxencia con case 1,5 millóns durante a pandemia

Publicado por o día 16/11/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Galicia,Social,Vigo

O Concello supera as 10.000 axudas de emerxencia con case 1,5 millóns durante a pandemia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que o Concello aprobou o pasado xoves 4.000 euros en axudas de emerxencia a 30 familias, de forma que desde o pasado mes de marzo, co inicio da pandemia, o goberno local xa dedicou case 1,5 millóns de euros a achegas sociais.

Ademais, o rexedor apuntou que a día de hoxe están acollidas un total de 70 persoas sen teito, entre o albergue municipal de Marqués de Valterra, a Fundación Santa Cruz e os hostais sufragados polo Concello. Tamén indicou que está en funcionamento a unidade de rúa do albergue para atender á xente que o necesite.

“Aplicamos a política social porque non queremos que ninguén quede abandonado a súa sorte na nosa cidade, todo a cargo dos fondos municipais”, destacou Caballero.

Limpeza do río Lagares

Por outra banda, o alcalde informou de que o Concello aprobará esta semana un proxecto para a limpeza e mantemento do río Lagares por valor de 112.000 euros. “Dedicamos centos e centos de miles de euros para paseos e conservación do río mentres a Xunta, que ten toda a competencia, non dedicou nin euro. Tras dez anos sen facer nada ven cun novo engano, ofrece 6 millóns e di que o Concello ten que facer as expropiacións, que valen moito máis, pero ademais ese diñeiro non o poden investir ata que se aprobe o Plan Xeral de Ordenación Municipal, unha nova mentira da Xunta”, sinalou Caballero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.