O Concello supera as 135.000 tarxetas PassVigo entregadas

A última cifra ofrecida este mércores polo alcalde revela que o goberno vigués xa fixo entrega de 135.153 tarxetas, 100.000 xa en utilización. Caballero enxalzou unha política social que permite a 26.391 pensionistas viaxar de balde no bus.
Publicado por o día 23/05/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello supera as 135.000 tarxetas PassVigo entregadas

O Concello xa emitiu 135.153 tarxetas PassVigo. Segundo explicou Caballero, case 92.000 son de tipo cidadá, máis de 23.000 son para pensionistas tipos un e dous, máis de 10.000 de estudantes, 6.000 para universitarios e case mil, de tipo social.Os traspasos de saldo da antiga tarxeta verde de Vitrasa á nova PassVigo poden facerse nos caixeiros habilitados. Ata o momento xa foron efectuadas máis de 37.000 operacións.

Deste total de tarxetas emitidas, engadiu o alcalde, máis de 100.000 xa están en uso, polo de agora como medio de pago no autobús urbano, mais “en breve” poderá ser utilizada para outras funcións. Así, Caballero anunciou que “é unha posibilidade que estamos a barallar” que a PassVigo sexa solicitada para poder acceder ao aparcamento que o Concello ultima xunto ao hospital Álvaro Cunqueiro.