O Concello de Pontevedra ten abertas obras neste momento por máis de 16 millóns

O concelleiro Demetrio Gómez informou esta mañá na Comisión de todos os proxectos que se están a executar
Publicado por o día 05/10/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

O Concello de Pontevedra ten abertas obras neste momento por máis de 16 millóns

O concelleiro delegado de Obras, Demetrio Gómez deu conta esta mañá na Comisión de Mobilidade das obras que están en execución na cidade. Todas elas, de distinta envergadura, superan os 16 millóns de euros.

O concelleiro destacou o esforzo da coordinación do traballo de todos os servizos técnicos municipais e que con estes últimos proxectos, todos os centros de ensino do concello están acondicionados con medidas de seguranza viaria, xa que neste momento execútase o de Vilaverde e tamén se vai a levantar o paso de peóns fronte ao Vidal Portela, na rúa Avenida de Bos Aires, onde tamén se instalarán dous redutores de velocidade (no tramo entre pontes).

Demetrio Gómez destacou o esfozo do sostenemento dos espazos públicos para deixar a cidade nas mellores condicións para poder pasar o inverno. De aí, as pavimentacións que se están a suceder nestes días ou a mellora dos espazos peonís, coma na rúa Oliva.