O Concello ten tramitadas 3.200 solicitudes do Ingreso Mínimo Vital

Publicado por o día 03/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello ten tramitadas 3.200 solicitudes do Ingreso Mínimo Vital

O Concello ten tramitadas xa 3.200 solicitudes do Ingreso Mínimo Vital e ten atendido a máis de 4.000 persoas neste proceso. Para facilitar as xestións e garantir que tódalas solicitudes dispoñan da necesaria certificación do Padrón, o Concello chegou a un acordo doa Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social para o volcado automático de datos entre as dúas administracións. Así, o INSS remitirá de forma automatizada as solicitudes de empadroamento ao Concello e o Concello remítelle as acreditacións de forma automatizada tamén. Con este sistema, Vigo quere evitar atrasos ás persoas que teñan dereito ao cobro do Ingreso Mínimo Vital e pode facerse extensible ao resto de España.

Atención a persoas sen fogar
Abel Caballero deu conta tamén da evolución dos dispositivos extraordinarios postos en marcha durante o estado de alarma para atender ás persoas sen fogar. Desde o comezo da fase 3 de desescalada, o Concello reubicou a tódalas persoas aloxadas no pavillón do Berbés, facilitándolle a todas unha solución habitacional, polo que a instalación volve recuperarse como espazo deportivo da cidade.

25 das persoas aloxadas obtiveron unha solución habitacional estable con axuda de emerxencia para afrontar o pagamento da fianza e as primeiras mensualidades. Outras 25 foron derivadas a outros recursos más axeitados como o albergue municipal, o de Santa Cruz, un piso básico ou espazos socio-sanitarios? Houbo 10 persoas que regresaron ao seu lugar de orixe e outra non quixo acceder a ningún recurso afirmando que buscaría aloxamento pola súa conta.

O Concello traballou con tódalas persoas usuarias do albergue municipal e do albergue de Santa Cruz na tramitación e xestión de axudas co resultado de 15 empadroamentos e 37 Ingresos Mínimos Vitais tramitados.

No albergue municipal de Marqués de Valterra retómase nestes momentos a dinámica habitual de rotación cada 10 días, tendo conseguido durante a situación de emerxencia sanitaria 16 solucións habitacionais estables para persoas usuarias, 10 traslados a outros recursos máis axeitados e 4 regresos ao lugar de orixe por vontade propia.

A unidade de rúa realizou máis de 1.000 intervencións durante o estado de alarma, o servizo de orientación realizou 297 intervencións na procura de atención ás persoas que estaban na rúa e repartíronse case 900 kits de hixiene.

O goberno municipal repartiu neste período máis de 10.000 comidas no albergue municipal y no Pavillón do Berbés; 7000 ceas e 7000 almorzos.

Nestes momentos, no albergue municipal de Marqués de Valterra están cubertas as 38 prazas dispoñibles, quedando libres 26 prazas no albergue de Santa Cruz, que ten 12 ocupadas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.