O alcalde e o ministro de Cultura acordaron onte en Madrid retomar o proxecto de Biblioteca do Estado para Vigo, que figuraba nos orzamentos estatais pero o goberno de Rajoy retirouno, segundo recordou Caballero.
Abel Caballero avanzou que, para construíla no terreos da rúa Lalín, é preciso unha modificación urbanística no Plan do 93, que hoxe comeza. Esta vía discorrerá en paralelo á solicitude de aplicación da lei 3/2016 -coñecida como “lei Vigo”- á Xunta de Galicia mais, “como sabemos que porá obstáculos”, asegurou o alcalde, o Concello impulsa tamén o cambio no Plan Xeral vixente.
A reunión de onte co ministro de Cultura, José Guirao, supuxo un “paso importantísimo” para que Vigo conte cunha Bibilioteca do Estado, pois o Ministerio fai propio o proxecto do Concello, que prevé a súa construción nunha parcela de 3.700 metros cadrados de superficie.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.