O alcalde de Vigo informou este luns de que o Concello xa traballa para a posta en marcha dunha oficina de atención aos afectados polo accidente ocorrido hai unha semana durante a celebración do festival do Marisquiño.
“Iniciamos o venres a tramitación para poñer a disposición o antes posible”, sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. Ademais, o rexedor explicou que segue en funcionamento as 24 horas dos día o teléfono 986 810 101 para resolver calquera cuestión que precisen os afectados.
Tamén a Oficina de Obxectos Perdidos, situada en Balaídos, dispón xa de todos os efectos persoais localizados na zona do porto tras o accidente e os interesados poden pasar a recoller os seus obxectos.
Noticias de última hora en Vigo