O Concello visitou hoxe a bancada de Río

Publicado por o día 06/08/2019 na sección de Celta,Concello de Vigo,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

O Concello visitou hoxe a bancada de Río

A visita realizouse esta mañá á grada de Río do Estadio Municipal de Balaídos, queremos sinalar que os novos asentos ofrecen melloras en varios aspectos, principalmente, no relativo á seguridade xa que o corredor de evacuación ten agora 50 centímetros fronte aos 24 da anterior grada. A distancia horizontal entre asentos da mesma fila mellorouse pasando de 43 a 50 cm -medida estándar en todos os campos – mentres a distancia vertical entre asentos de diferente fila é a mesma que había, un espazo que non se pode aumentar debido á xeometría da grada. A media da distancia entre a parte horizontal e o respaldo dos 5.750 asentos instalados é de máis de 20 centímetros..
 
Os novos asentos teñen o respaldo máis alto, facilitan a limpeza ao ser abatibles, son antiescalables, o que os fai máis duradeiros, e son antivandálicos.
 
En canto á disposición dos asentos na grada, debemos apuntar que o oco das escaleiras dos corredores centrais foi eliminado, gañando en seguridade, ergueuse unha varanda de vidro na primeira fila e melloráronse os vomitorios que gañaron en amplitude. Tamén hai máis espazo na grada de animación, ao poder pregar os asentos. A grada de Río Alto leva dous anos cos asentos novos colocados -coa mesma distancia horizontal- sen que consten queixas.
 
Dende o Concello séguense realizando obras de mellora na grada como é o novo ascensor, a nova rampla para persoas con mobilidade reducida que cumpre coa normativa de accesibilidade -ao contrario do que acontecía ata agora-, novos corredores de evacuación en Río Baixo e mellora da evacuación na porta 18 ao ser esta máis ancha. Ademais para mellorar a visibilidade do colectivo de mobilidade reducida, non se instalaron filas diante dos espazos reservados para as cadeiras de rodas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.