O Concello xa distribuíu 124.000 PassVigo, tarxeta de pago exclusivo no autobús urbano

Desde este luns, tal e como recordou o alcalde, a nova tarxeta cidadá opera no autobús urbano como único medio de pago a cargo do Concello, tras a caducidade da antiga tarxeta verde. Caballero salientou o “éxito” dunha PassVigo en mans de case que a metade da poboación viguesa.
Por o 16/04/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello xa distribuíu 124.000 PassVigo, tarxeta de pago exclusivo no autobús urbano

Abel Caballero ofreceu este luns novos datos da implantación desta tarxeta cidadá, que xa funciona como medio de pago exclusivo nos autobuses urbanos de Vigo, toda vez que desde este luns deixa de estar operativa a tarxeta verde. O alcalde puxo en valor o “éxito espectacular” da nova PassVigo, pois xa está en mans de case que a metade da cidadanía viguesa, tarxeta que ampliará paulatinamente os seus usos.

A día 15 de abril, o Concello de Vigo remitiu un total de 123.840 PassVigo, das que case 83.000 son de tipo cidadá, máis de 25.000 son pensionistas (aos que o Concello abona o prezo íntegro do billete), máis de 9.100 son de estudiante, case 5.700 son universitarias e outras 900, de tipo social. Deste total, engadiu Caballero, 78.268 están xa en uso.

Aqueles que queiran traspasar o saldo da antiga tarxeta verde á nova PassVigo poden facelo nos mesmos caixeros de Abanca nos que se carga. Ata este domingo, rexistráronse 20.800 operacións de trapaso de saldo por importe de 117.000 euros en total. Por outra banda, os que desexen recuperar o seu efectivo no momento deberán dirixirse á sede de VITRASA, na estrada de Camposancos.

O alcalde de Vigo recordou que o billete do autobús urbano ten un prezo unitario de 1,35 euros para todos, con independencia da procedencia do viaxeiro, cifra que recibe a empresa concesionaria por cada usuario que sube ao vehículo. O Concello -a través da nova PassVigo- achega parte ou a totalidade deste custo aos seus cidadáns, explicou Caballero. Situacións similares á de Vigo se dan en Sevilla, Zaragoza, Málaga, Bilbao, Alicante, Palma ou Granada, explicou Abel Caballero.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.