O Concello xa repartiu case 110.000 tarxetas PassVigo e traballan co sector do taxi para poder implementar o pago

O alcalde destacou que a tarxeta poderase utilizar nas piscinas municipais e que traballan co sector do taxi para poder implementar o pago. Os últimos datos apuntan a que xa foron repartidas un total de 109.971 PassVigo, das que 43.640 xa están en uso.
Publicado por o día 21/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello xa repartiu case 110.000 tarxetas PassVigo e traballan co sector do taxi para poder implementar o pago

Na rolda de prensa o alcalde indicou que xa hai 72.751 tarxetas bonificadas, 8.128 para estudantes, 23.075 de pensionistas e 5.212 para universitarios.

O rexedor engadiu tamén que do total de PassVigo enviadas, 43.640 xa están en uso (na última semana entraron en funcionamento 5.251) e que ademais das enviadas por defecto, os vigueses solicitaron 50.813 tarxetas (na última semana 6.305).

A nova tarxeta poderase utilizar nas piscinas municipais, segundo explicou Caballero, e ademais o sector do taxi xa propuxo implementar tamén o pago coa tarxeta nos seus vehículos.

Investimentos do Goberno
Por outra banda, o alcalde reclamou ao Ministerio de Fomento que leve a cabo investimentos nas infraestruturas da cidade, como a conexión da autoestrada AP9 coa rúa Buenos Aires ou que remate as obras da autovía A55.

Caballero saía así ao paso da visita este martes do ministro Ínigo de la Serna a Galicia na que anunciaba investimentos en todas as cidades galegas excepto en Vigo.