O Concello xa ten o proxecto básico de reforma da bancada de Marcador para licitar a obra no verán

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que a vindeira semana enviará o proxecto básico da reforma da bancada de Marcador ao Celta e a Augas de Galicia para poder licitar a obra en verán. O rexedor tamén sinalou que esta nova tribuna terá un total de 6.700 asentos, polo que aumentará en 100 butacas a súa capacidade.
Publicado por o día 25/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello xa ten o proxecto básico de reforma da bancada de Marcador para licitar a obra no verán

A nova bancada de Marcador do Estadio de Balaídos terá un total de 6.700 asentos e estará situado a tan só oito metros do terreo de xogo. Así o avanzou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras realizar unha visita ás instalacións municipais e avanzar que a vindeira semana será enviado o proxecto básico de reforma a Augas de Galicia e ao Real Club Celta de Vigo.

“Imos a seguir no grande proxecto de Balaídos coa grada de Marcador, unha vez temos o proxecto básico, xa estamos redactando o proxecto de execución e facendo os cálculos coas estruturas e as instalacións”, sinalou o rexedor na rolda de prensa despois da visita ao estadio para revisar as prospeccións xeotécnicas que se están a levar a cabo.

O alcalde lembrou que a actuación vai con atraso porque a licitación tivo un recurso do Colexio de Arquitectos. “Gañamos o recurso e neste momento xa se está traballando no proxecto de execución”, destacou.

Segundo indicou, a nova bancada de Marcador terá un aforo de 6.700 asentos -a actual ten 6.600- e estará a oito metros do terreo de xogo -achégase 30 metros-, polo que “mellorará a calidade e presencia na nova forma de ver fútbol”.

Na actualidade estanse realizar os estudos xeotécnicos do terreo, onde están asentadas as zapatas e cimentos da nova bancada, con perforacións verticais de 12 e 15 metros para medir a dureza e a composición do solo.

“Unha vez feitos farase o cálculo da estrutura e dos cimentos, xa teremos as bases para o proxecto, pero xa podo avanzar que a semana próxima enviaremos o proxecto básico a Augas de Galicia e ao Celta de Vigo”, sinalou.

O departamento da Xunta de Galicia terá que emitir informe sobre o proxecto e o alcalde explicou que “en base á prontitude coa que se emite este informe vinculante estaremos en condicións de licitar la construción nos mes de xuño”.

“Está en ordenación provisional, polo tanto se non hai atrancos, que os pode haber, porque hai institucións que non teñen ningún interese en que o Celta xogue en Balaídos e en que reformemos o estadio, falo de Feijóo e da Xunta, poderemos licitar en xuño”, concluíu.