O concerto benéfico Única Función ofrece unha actuación para toda a familia

Os cartos recadados adícanse íntegramente a un proxecto a prol da reinserción social de nenos talibés en Senegal
Por o 15/03/2018 | Sección: Eventos,Vigo
O concerto benéfico Única Función ofrece unha actuación para toda a familia

O festival benéfico Única Función celebra este sábado no Cine Teatro Salesianos a súa undécima edición. A actuación estará adicada a toda familia e recadará fondos a prol da reinserción social de nenos talibés en Senegal. O precio da entrada é de 3 euros, que se destinan íntegramente o proxecto solidario. Nesta undécima edición do concerto, na que participan 40 músicos mozos da cidade e a súa contorna, se interpretarán 15 cancións. Preto dun tercio dos participantes repiten dunha edición para a outra. O sábado 17 de marzo ás 21 horas comezará o concerto no Cine Teatro Salesianos.

Única Función é un festival benéfico organizado pola comisión de música da Asociación Xuvenil Abertal. Nel poden participar músicos amateur de máis de 16 anos que propoñen as cancións que se interpretarán no concerto. Estes temas son elixidos tendo en conta que sexan aptos para toda a familia, con temas actuais pero tamén clásicos, e preferentemente en galego ou castelán. Este ano soarán no Cine Teatro Salesianos música de artistas como Julio Iglesias, Iván Ferreiro o Dulce Pontes.

O festival comeza a súa organización en setembro, data na que a comisión de música decide o día do festival e invita a músicos da cidade a participar no proyecto. Durante 5 meses os músicos, que non se coñecen previamente, ensaian os temas nas instalación da Asociación Xuvenil Abertal. O nome de Única Función procede da singularidade deste festival. Cada edición é irrepetible, pois os músicos coñécense para a ocasión e cada ano cambian as cancións que se interpretan.

O obxetivo deste proxecto, ademáis de recadar cartos para o proxecto solidario, é ofrecer unha alternativa de ocio que implique os mozos nunha actividade que require de responsabilidade e toma de decisións. Ademáis, ofrece a posibilidade a músicos non profesionais de subirse a un escenario e de aprender de compañeiros con máis experiencia.

Colaboran con Única Función o Cine Teatro Salesianos, BeArt e Allegro.

Sobre Abertal:

Abertal éunha asociación que nace en xaneiro de 1979 do corazón inquedo dos salesianos e os mozos vencellados á presenza salesiana de Vigo e que ten por finalidade xeral a de contribuír no tempo libre á educación e promoción integral da infancia e a mocidade. Os nosos proxectos e actividades tentan desenvolver propostas centradas nas nenas, nenos, mozas e mozos, favorecendo o seu crecemento integral e dando importancia ao ambiente, aos grupos e á relación persoal. Pertencemos á Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galiza, da que Abertal é socia fundadora xunto cos distintos centros xuvenís salesianos do país, que traballa no eido da prevención, da educación do tempo libre, da animación xuvenil, na promoción da lingua e cultura galegas e do desenvolvemento sociocultural. Na historia recente de Abertal, destaca que no pasado ano 2002, o Concello de Vigo deunos a mención de Viguesa Distinguida, en recoñecemento á tarefa que a asociación vén desenvolvendo desde os seus inicios coa mocidade viguesa.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.