O condutor dun turismo resulta ileso despois de chocar contra unha vivenda en Vigo

Publicado por o día 29/07/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha saída de vía na parroquia viguesa de Lavadores rematou cun vehículo encaixado contra unha casa deshabitada. Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia polo alertante, o condutor do turismo resultou ileso.

Os feitos tiveron lugar ás 10:30 da mañá de hoxe. A esa hora, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia recibiu o aviso dun accidente en Vigo onde un coche colidira contra un inmoble inhabitado na intersección entre os camiños da Traída das Augas e Pedrosa.

De acordo coas primeiras impresións das testemuñas do suceso, o vehículo circulaba a unha velocidade elevada pola zona e acabara precipitándose por un desnivel, o que culminou con o desafortunado impacto contra unha casa.

Dese xeito, nada máis ter constancia do accidente, desde o 112 pasouse aviso aos profesionais sanitarios e aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Igualmente, informouse tamén aos Bombeiros de Vigo e aos voluntarios d