O Congreso aproba a proposición de En Marea para aumentar as frecuncias do Eixo Atlántico e impulsar a saída sur ferroviaria de Vigo

Alexandra Fernández explicou que o Eixe Atlántico está illado en Vigo cando debería ser a prolongación con Portugal, e denunciou “o boicot á súa estensión” por mor dun modelo radia das infraestruturas.
Publicado por o día 21/09/2018 na sección de En Marea,Política

O Congreso aproba a proposición de En Marea para aumentar as frecuncias do Eixo Atlántico e impulsar a saída sur ferroviaria de Vigo

A Comisión de Fomento aprobou hoxe a proposición non de lei da deputada de En Marea, Alexandra Fernández, que demanda un incremento das frecuencias do Eixo Atlántico ferroviario (A Coruña-Santiago-Vigo) en distintas franxas horarias, o impulso da saída sur ferroviaria de Vigo e axilizar a posta en marcha no sistema de seguranza ERTMS no Eixo Atlántico.

En aras ao acordo, Alexandra Fernández negociou un acordo co grupo popular e co grupo socialista que acadou a unanimidade na votación.

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, explicou as tres demandas fundamentais que plantexou na proposición non de lei: a mellora das frecuencias do Eixo Atlántico, a prolongación do Eixo até Portugal dado que “o Goberno portugués se pronunciou recientemente aberto a prolongalo”, e por último, a demanda de que se operativice canto antes o ERTMS, que leva un significativo retraso.

Incrementar os servizos ferroviarios do Eixo Atlántico 

Na cuestión das frecuencias, a deputada de En Marea salientou que a base desta infraestrutura debería ser a vertebración e cohesión do territorio. Puxo de manifesto que existe un défice de servizos importante cando move un volume enorme de viaxeiros.

Só en 2017 tivo unha ocupación de máis de 3,6 millóns de pasaxeiros “pero posúe cadencias horarias aínda longas, de case dúas horas. Pedimos unhas cadencias máis similares ás dun tren de cercanías e que se adapte ás necesidades da poboación como a movilidade de estudantes nas fins de semana. Consiste en adaptalo ás necesidades dos usuarios. Cantas máis frecuencias, máis usuarios haberá”.

IMPULSAR A SAÍDA SUR DE VIGO

A continuación explicou a necesidade de axilizar a saída sur de Vigo. Sinalou que “o Eixo Atlántico está illado en Vigo cando debería ser un Eixe de movilidade con Portugal. “Unha conexión con Portugal de só 30 km, pero que segue bloqueada”. Advertiu que os case 4 millóns de usuarios do Eixe Atlántico están a ser obxecto de interese de empresas privadas para facer negocio. “A CNMV está a estudar a petición de explotación privada do eixe A Coruña-Porto”.

Entón, preguntouse: “Por que non se inviste na súa prolongación?”. Neste sentido, Fernández aproveitou para denunciar que o Estado español “segue impulsando un modelo das infraestruturas da España Borbónica e radial que beneficia a centralidade, con investimentos en Madrid”.

Denunciou tamén o “boicot existente á prolongación do Eixe Atlántico”. “É un tema político que prioriza a arteria radial que define a Galicia como periferia de Madrid”.

A deputada de En Marea insistiu na necesidade de darlle a volta a este modelo explicando que a saída sur de Vigo debería ser unha prioridade para conectar A Coruña con Porto.

“Agora en Vigo hai dúas estacións, cando debería haber unha única e que Vigo fose pasante na conexión de Coruña con Porto”. Ademais, que “o túnel da saída sur se aproveite para o estabelecemento das cercanías”.

O ERTMS ten que operativizarse xa

No que atinxe á terceira das demandas formuladas por En Marea, a operatividade do ERTMS no Eixo, indicou que leva un retraso significativo cando tiña que estar listo en 2017 e urxiu a poñelo en marcha.