O Conselleiro de Sanidade atende a queixa de Porriño e cita á alcaldesa para volver a firmar o convenio de cesión para o centro de saúde

Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Galicia,O Porriño

O Conselleiro de Sanidade atende a queixa de Porriño e cita á alcaldesa para volver a firmar o convenio de cesión para o centro de saúde

Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade atende a queixa recente formulada polo Concello de Porriño por unha descortesía institucional cos representantes dos veciños. En consecuencia o gabinete do Conselleiro comunicou hoxe ó Concello de Porriño que cita á alcaldesa Eva García de la Torre o vindeiro martes 3 de setembro ás 11 horas, para que acuda a Santiago a firmar, de novo, o convenio de cesión da parcela para ampliar o Centro de Saúde.

O antedito convenio fora firmado hai case unha década polo anterior alcalde Nelson Santos. E logo foi ratificado pola actual alcaldesa e remitido a Santiago durante o pasado mandato.
O Concello de Porriño manifestou a pasada semana a súa queixa por non ter recibida información alguna do Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña nin do seu staff sobre a licitación anuncíada da redacción do proxecto anunciada hai uns días polo Sergas a través dunha nota de prensa. Ó respecto a alcaldesa declarou que “tratase dun novo xesto censurable por parte de esa Consellería” e reclamou que o señor Vázquez Almuiña puxerase en contacto con esta alcaldesa “para explicarnos ós pormenores da licitación, do proxecto e dos prazos”, extremo que finalmente vai atender o Conselleiro de Sanidade.