O conselleiro de Sanidade e a alcaldesa de Moaña avanzan nas negociacións cara a construción do novo centro de saúde

Logo da reunión de hoxe, en próximos días o Sergas enviará ao concello a redacción do novo convenio de colaboración entre ambas administracións

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz, reuníronse hoxe no Edificio Administrativo do Sergas en San Lázaro, co obxectivo de seguir avanzando no estudo das necesidades para a construción do novo centro de saúde deste municipio. Trala xuntanza, que se desenvolveu nun clima de colaboración e cordialidade entre os reprensentantes de ambas administracións, o departamento sanitario autonómico enviará ao concello, nos próximos días, a redacción do novo convenio que permitirá conformar un acordo en breve.

A dotación do novo centro de saúde está enmarcada no Plan de necesidades de Atención Primaria de Cangas-Moaña, cunha visión supramunicipal e que permitirá que os municipios desta zona dispoñan de maiores coberturas e servizos. Este plan, que conta cun investimento de 11,2 millóns, beneficiará a máis de 45.000 habitantes e ampliará os servizos tanto en horario como en prestacións. O devandito plan contempla, ademais do centro de saúde de Moaña, a construción do Centro Integral de Saúde Cangas-Moaña, e actuacións de mantemento e mellora en dispositivos existentes como os de Aldán, Hío e Domaio.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario