O conselleiro de Sanidade entregou o diploma de participación na Rede Galega de Portos sen Fume ao Club Naútico de Portonovo

Publicado por o día 29/09/2018 na sección de Sanidad

O conselleiro de Sanidade entregou o diploma de participación na Rede Galega de Portos sen Fume ao Club Naútico de Portonovo

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregoulle onte ao presidente do Club Náutico de Portonovo, Javier Ruiz de Cortázar Díaz, o diploma de participación na Rede Galega de Portos sen Fume.

A colaboración da Consellería de Sanidade coa Conselleira do Mar, a través de Portos de Galicia, foi indispensable para poder conseguir o obxectivo da Xunta de Galicia de crear a Rede Galega de Portos sen Fume. O Executivo que preside Núñez Feijóo fíxose chegar a proposta aos diferentes xestores portuarios solicitándolle a súa valoración e colaboración, coa fin de facer dos portos autonómicos contornas máis saudables e sustentables.

Esta iniciativa nace da boa aceptación e valoración entre a poboación galega dun proxecto similar que é a Rede Galega de Praias sen Fume, que se iniciou no ano 2016 coa fin de desnormalizar o consumo de tabaco na nosa sociedade, ampliando a prohibición de fumar a espazos abertos non incluídos na normativa vixente.

Como na iniciativa de Praias sen Fume, nos portos que se adscriban á rede non se pode fumar, e non existe vixilancia nin sanción para o cumprimento. Trátase, pois, dun compromiso persoal, promovendo a participación activa da sociedade en temas de saúde.

Todos os materiais de sinalización, así como os informativos e de sensibilización dirixidos a sociedade, serán facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, que tamén se fará cargo do seguimento do proxecto.

Estas redes sen fume teñen como obxectivo ir aumentando a prohibición de fumar en espazos ao aire libre, mantendo a non vixilancia nin a sanción para o incumprimento, promovendo unha vida sen tabaco, e, ademais, recalcando a importancia da conduta positiva dos adultos ante os mais pequenos coa fin de que sexa visible para eles que o normal é non fumar.

Esta pilotaxe, que comenzou este ano, xa conta coa participación de tres portos adscritos: Club Náutico de Portonovo, Real Club Náutico de Portosín e o Real Club Náutico de Ribadeo. O Monte Real Club de Yates de Baiona vén de expresar o seu desexo de participar na iniciativa nos vindeiros meses.