O conselleiro de Sanidade salienta a necesidade de traballar a sensibilización dos máis xoves sobre á doazón de medula ósea na entrega de premios do III Concurso de Curtametraxe de ADOS

Jesús Vázquez Almuiña presidiu hoxe o acto de entrega dos galardóns da terceira edición do certame universitario de curtas relacionados coa doazón e transplante de medula ósea presidiu hoxe o acto de entrega dos galardóns da terceira edición do certame universitario de curtas relacionados coa doazón e transplante de medula ósea
Publicado por o día 18/09/2018 na sección de Sanidad

O conselleiro de Sanidade salienta a necesidade de traballar a sensibilización dos máis xoves sobre á doazón de medula ósea na entrega de premios do III Concurso de Curtametraxe de ADOS

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu, xunto co secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Anxo Lorenzo Suárez, a entrega de premios aos gañadores do III Concurso Universitario de Curtametraxes relaciona coa doazón e o transplante de medula ósea promovido pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), e que tivo lugar hoxe co gallo da conmemoración, este pasado sábado, do Día Mundial do Doador de Medula Ósea. Vázquez Almuiña salientou a importancia de continuar traballado arreo a prol da creación dunha conciencia solidaria favorable á doazón e o transplante, especialmente nos distintos niveis educativos, e que achegan esta realidade sanitaria e social aos más xoves, especialmente ao colectivo universitario.

O acto celebrado hoxe no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, contou, ademais, coa presenza do decano deste centro educativo, Xose Ramón Pousa Estévez; e da directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García.

Promoción educativa

O conselleiro de Sanidade salientou o especial esforzo que se está a facer desde a Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS por achegar información relativa a doazón e o transplante de medula ósea ao colectivo universitario, eido no que se circunscribe esta terceira edición do Concurso de Curtametraxes.

Neste punto, Vázquez Almuiña agradeceu a todos os membros da comunidade universitaria, especialmente docentes e estudantes, o esforzo e interese amosado para crear unha conciencia proclive á doazón de medula ósea, pero tamén a todos os xeitos de doazón solidaria que é posible realizar no noso sistema público de saúde.

Así mesmo, o conselleiro de Sanidade quixo resaltar que todo o traballo en favor do fomento da doazón de medula ósea ten permitido que, a data do 31 de xullo do presente ano, Galicia acadase un incremento do 21% no número de doadores e doadoras tipados, converténdose na cuarta Comunidade Autónoma española con maior incremento acumulado.

ADOS é o centro de referencia en Galicia para a tipaxe dos doadores de medula ósea integrados no Rexistro Español de Medula Ósea (REDMO) e, segundo datos facilitados pola Organización Nacional de Transplantes (ONT) a pasada semana, Galicia ten experimentado unha excelente evolución e contabiliza, nos primeiros sete meses do presente ano, un total de 11.093 doadores e doadoras.

Premiados

Nesta terceira edición do Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, acadou o primeiro premio o traballo “Deixa pegada”, realizada polos alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela: Amitai Gómez González, Cristal Arias González e Meritxell Álvarez Aguión.

Polo que atingue ao segundo premio desta terceira, recaeu na curtametraxe “Poder de todos”, do estudante da Facultade de Ciencias-Bioloxía da Universidade de Vigo, Brais Piñeiro Fernández.