O conselleiro do Medio Rural explica aos alcaldes de Pontevedra o convenio de protección das aldeas fronte os incendios

O Goberno galego prestará apoio técnico aos concellos adheridos para que elaboren os seus plans municipais de defensa contra incendios, con ferramentas administrativas e informáticas específicas
Por o 17/04/2019 | Sección: Galicia
O conselleiro do Medio Rural explica aos alcaldes de Pontevedra o convenio de protección das aldeas fronte os incendios
Compartir en:

O conselleiro do Medio Rural, José González, e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo con alcaldes da provincia de Pontevedra para explicarlles os detalles da colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) en materia de protección das aldeas fronte os incendios forestais. O encontro xirou arredor da addenda ao convenio entre Medio Rural, a empresa pública Seaga e a Fegamp para a posta en marcha dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, é dicir, aquelas situadas preto dos núcleos de poboación.

Así, o conselleiro explicou que en virtude desta addenda, o Goberno galego prestará apoio técnico aos concellos adheridos para que elaboren os seus plans municipais de defensa contra incendios, con ferramentas administrativas e informáticas específicas. Así mesmo, o conselleiro salientou que se axilizará e se simplificará a xestión de todos os requirimentos e notificacións que os concellos teñan que facer aos veciños en cumprimento das súas obrigas ao respecto da xestión da biomasa.

A previsión é actuar nunhas 700 aldeas de 68 parroquias de toda a comunidade autónoma no período 2019-2022, priorizando aquelas con maior problemática incendiaria. Así, está previsto actuar nunhas 4.500 hectáreas este ano, ata chegar a unhas 16.000 ao remate do período.

Deste xeito, aclarou o titular de Medio Rural, diante dunha faixa situada nun concello adherido, se hai un propietario coñecido e este se incorpora ao sistema público a través dun contrato de xestión, Seaga procederá á xestión da biomasa, pagando o titular do terreo unha tarifa uniforme fixada por hectárea de 350 euros.

Na provincia de Pontevedra son 10 as parroquias seleccionadas:

Comentar noticia

Your email address will not be published.