O consello das mareas apoia a moción de censura presentada polo PSOE a M. RAJOY

Publicado por o día 26/05/2018 na sección de En Marea,Política

O consello das mareas apoia a moción de censura presentada polo PSOE a M. RAJOY

Esta noite pasada en sesión telemática de urxencia o Consello das Mareas acordou  apoiar a moción de censura presentada polo PSOE para desaloxar o presidente Mariano Rajoy do Partido Popular do Goberno de España.

Esta decisión foi tomada tendo en  conta o posicionamento xa definido a respecto dunha situación similar o pasado no que as inscritas  de EM por 763 votos, o 84% dos votos emitidos daquela, foi favorábel a presentar unha moción de censura.

Tamén acordouno consello  realizar coas parlamentarias de En Marea no Congreso unha xuntanza co Consello a fin de compartir información e propostas sobre os contidos para o apoio á Moción de censura.

Destes acordos deuse traslado ao Grupo das deputadas de EM no Congreso.