O Consello Municipal da Muller lembra a obra de escritoras e pensadoras feministas

O Concello de Vigo celebrou este xoves un Pleno específico do Consello Municipal da Muller con motivo da conmemoración mañá 8 de marzo do Día Internacional das Mulleres. Nove entidades do Consello convidaron á reflexión coa lectura de textos de pensadoras feministas.
Por o 08/03/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Consello Municipal da Muller lembra a obra de escritoras e pensadoras feministas
Compartir en:

O Consello Municipal da Muller celebrou este xoves un Pleno específico con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, que presidiu a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, e no que estiveron presentes tódalas entidades que constitúen o Consello.

Nove destas asociacións interviron no Pleno para render homenaxe a algunhas escritoras e pensadoras feministas das que escolleron textos para seren lidos e convidar á reflexión. Así, dende a Secretaría da Muller da UXT, Ángeles Arias Miño leu a Mary Wollstonecraft; Luisa Ocampo de Mulheres Nacionalistas Galegas compartiu un fragmento de Rosa Cobo Bedía; a Escola de Mulleres Solidarias elixiu a Carmen de Burgos da man de Isabel López Lorenzo; Lola Santana da Rede de Mulleres contra os malos tratos leu a Filomena Dato Muruais; Purificación Bernárdez da Secretaría da muller de CCOO escolleu un texto de Rita Laura Segato; pola Asociación de Mulleres Dorna, Rita Demelo Medraño elixiu a BarbiJaputa-seudónimo da escritora, columnista e tuiteira española; en representación das Viúvas Demócratas de Vigo, Luz Iglesias Herrero leu a Mercedes D’Alessandro, Lucía Míguez Pérez de Mulleres en Igualdade compartiu un fragmento de Marie Curie e pola Secretaría da Muller da CIG, Rosa Chantada Abollo elixiu a Emilia Pardo Bazán.

Comentar noticia

Your email address will not be published.